A praia de Augas Santas, que xunto coa praia das Carricelas conforma o espazo coñecido no ámbito turístico como praia das Catedrais, é un areal situado na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo. Na actualidade é citada repetidamente entre as máis bonitas do mundo.