Santa Lucía de Tirajana é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Áchase entre os municipios de San Bartolomé de Tirajana (do cal sepárao o barranco de Tirajana) e Agüimes (do que está separado polo barranco de Balos).
Posúe dúas zonas con características ben diferenciadas:
A zona costeira, onde actualmente vive case toda a súa poboación, na que destacan os núcleos urbanos de Vecindario, El Doctoral, Sardina del Sur e Pozo Izquierdo (onde se celebran anualmente probas do campionato mundial de windsurf).
As medianías, zona de poboamento máis escaso e tamén máis tradicional.A súa principal actividade económica é o comercio, acompañada da agricultura (tomate, flores etc., cultivados principalmente en invernadoiros), aínda que gran parte da poboación traballa no sector turístico de San Bartolomé de Tirajana ou en pequenas industrias locais (sobre todo, no veciño polígono industrial de Arinaga, pertencente ao municipio de Agüimes).
Forma unha mancomunidade municipal (Mancomunidade do Sueste) cos municipios de Agüimes e Ingenio, comarca que desde a chegada á democracia en España coñeceu un intenso desenvolvemento demográfico, económico e social.
Nice little town that takes a lot of curvy roads to reach. In the middle of this town you find a nice park, with a lot of different trees and a perfect view at Santa Lucia's church.
Nice park with fountain and many beatiful places. Good small playground for children. Good for a walk with family. Recomanded.
One needs to stop and look around to fully appreciate the beauty. If you just pass buy in a car or bicycle, you will not notice it. Just go into the small park, walk up the stairs to the church, perhaps have lunch at the Mirador restaurant (make sure to get a table in the terrace).